Sorpresa atlántica. Un estilo de danza que molla o aire. Velaí outra fecunda realidade artística que chega dende Galicia -absolutamente nova- con raices tan fondas como o propio océano. Dicímolo con orgullo. Nos últimos anos os galegos non deixamos de sorprender pola nosa creatividade. Coa Democracia xurdiu a primeira xeración que tivo oportunidade de formarse ben na cultura galega e na cultura universal. Aqueles rapaces regálannos agora unha arte plena, cargada co poder desta Fisterra, e, ao tempo, capaz de emocionar a calquera ser humano.