BERRo

FICHA TÉCNICA
Produción

Dirección: Jaime Pablo Diaz

Dirección Artística: Sharon Fridman

Música: Sergio Moure de Oteyza

Coreografía: Sharon Fridman – Bailarines NGD

Asistente de Coreografía: Melania Olcina

Elenco:

Inés Vieites,

Estefanía Gómez ,

Alba Cotelo,

Laura Santamariña,

Ricardo Fernández ,

Iván Villar ,

Jaime Pablo Diaz

Coordinación de producción e asistencia á dirección técnica: Ana Díez

Escenografía: Ikerne Giménez

Iluminación: Sharon Fridman e Dani Pais

Vestiario: Ikerne Giménez

Asesoramento de vestiario: Olga Kirk

Xastra: Inma Gómez (KKUM_Atelier)

Deseño de espazo sonoro: Alberto Beade

Prensa: Bárbara G. Vilariño

Asistencia técnica: TEDAGA

BERRO, 20 anos de Nova Galega cunha peza que procura recuperar a memoria colectiva

BERRO representa o baleiro que supón ser individuos sós e illados nunha sociedade sen memoria que debe procurar o movemento que lle lembre o seu pasado. Nunha viaxe que conecta os estados emocionais, amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral - a tradición, a terra, a raíz, a familia e a casa- a través da experiencia colectiva, sentido a transformación na expresión do corpo.

Por medio de movementos pixelados que nacen do detalle, pausas, silencios e accións símbolo da lembranza ou a memoria da frase tradicional galega, como a expresión física e emocional, o elenco de bailaríns reproduce unha coreografía que conta coa dirección artística de Sharon Fridman, profesional israelí que ten traballado con agrupacións de todo o mundo e levado recoñecementos como o Premio Max á mellor coreografía. Nesta ocasión, ao habitual corpo de baile da compañía (no que se atopan o gañador dun Premio Max, Iván Villar, e os nominados Ricardo Fernández e Inés Vieites) súmase o director de Nova Galega de Danza, o ferrolán Jaime Pablo Díaz. Asina a música Sergio Moure de Oteyza, nominado ao Goya á mellor banda sonora e habitual na equipa nestes vinte anos de percorrido.

Nova Galega de Danza, vinte anos aunando tradición e modernidade

Nova Galega de Danza, creada en 2003, naceu coa vocación de innovar ao tempo que fusiona en vivo a danza e música de raíces galegas. Nestes vinte anos representou sete espectáculos: Credo (2022), Leira (2020), Son (2016), Dez (2013), Tradición (2008), Engado (2006) e Alento (2003). A compañía acolleu nos seus vinte anos unha escolma da cultura tradicional e contemporánea de Galicia a través de persoeiros como Mercedes Peón, Xurxo Fernandes, Rosa Cedrón ou Aida Tarrío (Tanxugueiras). Chegou a convertirse na primeira compañía de baile de Galicia en ser galardonada nos Premios Max das artes escénicas, certame promovido en ámbito nacional pola SGAE.

Actualmente el Nova Galega de Danza: Leira de gira por toda España

Patrocinador principal

© NovaGalega de danza. Todos los derechos reservados.

error: Content is protected !!
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad