DIQUE

nova galega de danza

Dirección escénica: Marta Pazos

21 XUN ´24

Salón Teatro de Santiago de Compostela

22 XUN ´24

Salón Teatro de Santiago de Compostela

23 XUN ´24

Salón Teatro de Santiago de Compostela

dique

dique

nova galega de danza

Dirección escénica: Marta Pazos

21 XUN ´24

Salón Teatro de Santiago de Compostela

22 XUN ´24

Salón Teatro de Santiago de Compostela

23 XUN ´24

Salón Teatro de Santiago de Compostela

Ficha técnica

Ficha artística

Idea orixinal: Nova Galega de Danza

Dirección artística: Jaime Pablo Díaz

Dirección de escena e dramaturxia: Marta Pazos

Coreografía: Belén Martí Lluch

Axudante de coreografía: Ana Botía

Deseño sonoro e composición musical: Clara Aguilar

Deseño de escenografía e vestiario: Clàudia Vilà

Deseño de iluminación: Cristina Bolívar

Bailarinas: Nuria Alaña, Carmen Cebrián, Alba Cotelo, Estefanía Gómez, Alicia López, Laura Santamariña, María de Vicente e Inés Vieites

Axudante de coreografía: Ana Botía

Cover: Lúa Cárdenas

Sombrereira: Carolina Díguele

Construción de pedras: Castells y Planas

Realización de vestiario: María Negreira e Sandra Ríos

Prácticas en creación: Estela Ferrándiz (Máster en Artes Escénicas – URJC) e María Casares (Máster en Pensamento e Creación Contemporánea – ESADCYL)

Dirección técnica: Cristina Bolívar

Dirección de produción: Jaime Pablo Díaz

Fotografía: Vanessa Rábade

Deseño de cartel e creatividade: Patricia Portela

Comunicación: The Office Comunicación

Dique é unha coprodución de: Nova Galega de Danza e Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego

Cartel do espectáculo

Fechas

21 XUN ´24

Santiago de Compostela

22 XUN ´24

Santiago de Compostela

Sinopse

Sobre o espectáculo

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos cada unha sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

Leer máis

No 150 aniversario do inicio da súa construción, Nova Galega de Danza convidou á directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro.

Tradición e modernidade. Fortaleza e resiliencia. Sindicalismo e empoderamento. Solidariedade e comunidade. Celebración e renacemento. Toda unha chea de emocións e sentimentos conflúen en Dique para narrar a historia daquelas 200 mulleres silenciadas que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol. Nova Galega de Danza pretende ofrecer un espazo de reflexión sobre esta historia, que o vindeiro venres 21 de xuño volverá á nosa memoria sobre as táboas do Salón Teatro do Centro Dramático Galego coa estrea absoluta de Dique.

Dique é un espectáculo coproducido pola compañía Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego.

Patrocinios e apoios

Dique conta co patrocinio da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) como espectáculo inaugural do festival no 2024. A peza ten tamén a colaboración do Concello das Pontes para a súa posta en escena na localidade. Nova Galega de Danza é unha compañía que conta con patrocinio de Vegalsa – Eroski.

Premios e recoñecementos:

Patrocinador principal:

© Nova Galega de Danza. Todos os dereitos reservados.

(+34) 881 895 647   |   info@novagalegadedanza.com

error: Content is protected !!
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad